mércores, 20 de agosto de 2014

Bonsais

Este fin de semana que pasou  estiben nunha exposición
de bonsais en Moaña. Unhas obras de arte.
Eiqui vos deixo alguns destes fermosos exemplares.
Disfrutade vendo estas marabillas





 






mércores, 13 de agosto de 2014

Flores de tempada:petunias

Hoxe tócalle as petunias.
Florecen dende a primavera ata finais do outono.Esta flor caracterízase por ser de forma tubular, moi pendiculada e solitaria, poden ser de calquera cor, exceptuando o laranxa. Medra moi rapido,aínda que necesita abundantes abonados, case semanalmente ata finais do verán. Si se planta nun sitio soleado a súa floración é expectacular durante varios meses.
Pódese plantar no xardín como en macetas, pero eu vexo máis plantadas en macetas, non só nas casas senón tamén nas terrazas de bares. Póñanse onde se poñan vense expectaculares.
Algún conselliño:
Para manter as flores durante bastante tempo procuraremos non mollalas cando as reguemos, pois os petalos son moi sensibles e a auga pode acabar marchitándoos.
Non se debe deixar flores mustias nas plantas porque o resto tamén se marchitará.
O abonado si o fas cun fertilizante rico en fosforo a planta crecerá con maior vigor.
Espero que estes consellos vos sexan útiles, e plantedes moitas petunias para dar cor ao voso fogar.


sábado, 2 de agosto de 2014

Flores de tempada:hortensias

Hoxe vou falar da hortensia.A súa follaxe é de cor verde claro con follas grandes e atractivas, pero o que é realmente bonito son as súas flores, que duran todo o verán. As súas cores van dende o vermello, rosa, branco ata o azul. Esta cor é debida a que o chan é acido, o que fai que as flores viren a esa coloración, así que si queredes ter hortensias azuis, xa sabedes, hai que acidificar o chan. Para isto chega con engadir ao terreo aportes de terra de brezo, castaño ou turba rubia.
As hortensias prefiren un ambiente humedo e fresco en semisombra. En Galicia podemos plantar esta planta a pleno sol porque temos un clima con alta humedade.
Queredes que vos conte un pequeno segredo? Ahí vai:
Se colles as flores ao final do día, pois é cando están mais bonitas, lles quitas as follas e as colgas boca abaixo nun sitio que non haya luz nin humedade e que circule o aire. Cando estén ben sequiñas as vaporizas con laca do pelo e vólvense menos fráxiles, desta maneira tes un ramo de hortensias todo ano, isto tamén o podes facer con outras flores do campo.
.

mércores, 16 de xullo de 2014

Flores de tempada:a alegría da casa

Existen plantas de flor adecuadas para cada espazo e necesidades: de exposición directa ao sol, de semisombra, plantas de raíz, bulbosas e, por suposto, para cada época do ano. Selecionar a planta ideal, e saber combinalas con outras ata conseguir unha perfecta harmonía é unha verdadeira arte.
E agora vamos a ver alguhas flores da tempada estival:
Alegría da casa: E unha planta que florece case todo ano,as súas flores son de diversas cores. Esta planta atópase en moitas casas. En zonas frías, usase como planta de interior, pero na maioría dos sitios encontrase no exterior. E unha planta moi resistente a todo tipo de solos .No verán pode precisar dunha rega diaria sen mollar as follas e as flores, mais no inverno a frecuencia de rega debe diminuir pois unha rega excesiva e unha mala drenaxe provoca unha podredume na parte basal do tronco.
Deixovos unha foto desta fermosura para que a saibades identificar a próxima vez que vexades unha. E xa sabedes, animádevos a plantar!!!


domingo, 22 de xuño de 2014

As alfombras de Corpus

Hoxe é día de Corpus.
Hoxe é cando se fan esas maravillosas alfombras florais. Na zona sur de Galicia son moi coñecidas as de Ponteareas e as de Redondela. Aínda que eu non necesitei ir tan lonxe, pois en Moaña fanse alfombras en todas as parroquias. Son pequeniñas pero feitas con moito amor.
En San Martiño custou máis de dúas semanas desmenuzar todo tipo de flores, para iso todas as tardes estaban alí estas mulleres e homes traballando en equipo para que o día de hoxe pudéxemos contemplar estas alfombras que van desde a porta da igrexa ata o Cristo.
Este ano empleouse moita  hortensia, pois é a que máis abunda nesta época do ano.O que máis pena me da, é que isto só dure unhas poucas horas, pero eche o que hai, moita beleza para ser desfeita nunha procesión.




xoves, 19 de xuño de 2014

Ollo o lume!

Xa chegou a calor e con ela a época de incendios, así que sede precavidos. Coidado con esas chaviscas e tamén coas botellas de cristal que se deixan tiradas no monte. Normal que logo pase o que pasa e grandes superficies de monte queden arrasadas.
Asi que só vos digo: Ollo co lume!
Disfrutade do verán

domingo, 8 de xuño de 2014

Xardíns

Ola amigos e amigas, desta vez vouvos a decir cantos tipos distintos de xardíns hai.
Para iso atopei buscando na Internet unha presentación que o explica moi ben.
Espero que vos guste e vos resulte interesante.
Biquiños da vosa flor de toxo.


mércores, 4 de xuño de 2014

Sementar, sementarei

Estamos nunha época estupenda para plantar na nosa horta os tomatiños, os pementos, leitugas etc.
Estas cousiñas da casa si que saben ben.
É tamén tempo de facer arranxos nos xardíns, e para iso temos que ir a un viveiro a mercar todo o que nos fai falta. No Morrazo temos dous viveiros; o de Domaio e o de Aldán. A min, persoalmento gústame máis o de Aldán. Ten dende a planta máis pequeniña ata a máis alta palmeira. Tamén te aconsellan moi ben, se necesitas unha planta para unha zona sombría eles indícanche cal é a mellor, ou se pola contra necesitas unha para un lugar que recibe sol continuamente. Os seus empregados sempres están dispostos a axudarche.
Se tes un xardín e non sabes como arranxalo, ou non tes tempo, o dono do viveiro ten unha emprexa de xardinería chamada "Xardineria do Morrazo" e fai verdadeiras delicias para os ollos.
Así que xa sabedes aproveitade este tempo e... PLANTADE!!!!!
Plantade verduras, hortalizas ou plantas de todas as cores, o importante e dedicarlle un pouquechiño de tempo a terra e as cousas bonitas que saen dela.

sábado, 10 de maio de 2014

Adeus para sempre adeus

Hoxe voume despedir dos "Camuflados".
Xa hai uns días que rematou o seu obradoiro, e espero que con esta experiencia tanto a eles como aos canteiros se lle abran as portas en algun sitio e poidan  exercer este oficio tan lonxevo como a vida mesma.
Este obradoiro foi un pouco complicado,xa que hubo moito mal tempo, e hubo días en que o pasaron bastante mal. Pero ao final o que vale é a sastisfacion persoal polo traballo realizado.
Adeus xardineiros!
Adeus canteiros!
Isto non acaba aquí senon que é o inicio dunha nova etapa, donde encontraredes cousas mellores.
Boa sorte compañeiros!
Un bico da vosa Flor de Toxo

xoves, 1 de maio de 2014

Os maios

Hoxe ,día dos traballadores e tamén a festa dos maios. Esta celebración faise para despedir o inverno e darlle a benvida o bo tempo, as flores e a fructificación das árbores.
Antigamemte era un ritual que facian os campesiños aos deuses para que protexeran ás sementeiras e lles deran boas colleitas. Os maios son figuras que se fan con elemetos naturais: musgo, flores silvestres, ovos ou laranxas. Arredor delas cántase coplas e cancións irónicas.
Os maios son moi populares en zonas de Ourense e Pontevedra.

domingo, 27 de abril de 2014

Canteiros e xardineiros

Hoxe entereime que os xardineiros forman parte dun obradoiro xunto con outro grupo de rapaces.
Están facendo a ruta "Os muiños do río do Inferno". Esta ruta consta de dous tramos: o primeiro chega ata a beirarúa ,neste están os canteiros restaurando os muiños, so puideron arranxar tres porque non hubo tempo a máis. No tramo de arriba, o traballo tibéronno que facer todo os xardineiros: As sendas, as pontes, limpar os muiños, plantar árbores, etc.
Para min, esta é a parte máis bonita. Un sitio de moita paz.
O rio disque é truiteiro, pero a verdade que eu non vin ningua.O que si vin foi unha parella de patos salvajes no remanso do río, daba gusto velos.
Moaña xa conta con outra ruta máis de senderismo.
¡Vinde a disfrutar da natureza!
¡Vinde ao rio do Inferno!

domingo, 13 de abril de 2014

Divina Primavera

Hoxe decidín dar unha volta e deixarvos un pouco do que eu vexo cada día.
Disfrutádeo e sorrir, pois a primavera xa está aquí.

domingo, 6 de abril de 2014

Xardineiros

Xa encontrei aos camuflados,aqueles rapaces que pasaron pola miña beira ala arriba.
Onte dando unha voltiña pola vila vinos,son xardineiros. Estaban traballando no xardín do concello. arranxaban a metade do xardín que estaba sen preparar. Estaban moi organizados pois
nun sitio tan estreito non se molestaban entre si. Uns tomaban medidas, outros facían os buratos para plantar as camelias...
Alguhas rapazas andaban cunha carreta lebando pedras dun sitio para outro. Probiñas elas como sudaban!!!!!
Cando acabaron o choio daba gusto velo!!!!!!!!!!!!
De ahí o dito:
¡O ven feito ven parece!
Estes xardineiros prometen

luns, 31 de marzo de 2014

Primavera

Esta primavera arrancou con forza, xa está todo cheo de flores. Na miña casa, o monte, ata as plantas máis pequenas enchéronse de flores en moi pouquiño tempo.
Pero vós tampouco vos quedades atrás. As vilas enteira parecen que botaron flores: as azaleas, as papoulas, os cartuchos, as margaridas...
A xente comenta que é unha fermosura ver as amendoeiras en flor, pero eu penso que aquí tamén temos moitas árbores fermosas. E coa primavera mostranlle ao resto do mundo a súa beleza.  Un claro exemplo poden ser os pexegueiros, con esas fermosas flores rosadas.

Para min a primavera é a época máis fermosa do ano. Non me entendades mal todas as estacións teñen o seu encanto, pero non sei, a primavera ten algo especial. Non sei se será a cor de tantas flores xuntas ou o resplandor do sol da mañá enriba dos verdes campos, pero todo parece ter unha luz especial. Incluso as persoas parecen máis alegres, por algo di o dito: " a primavera a sangue altera"

domingo, 23 de marzo de 2014

Mimosa

Hoxe vouvos falar das Mimosas. Estas árbores que habitan a veiras dos camiños, e que enchen de cor a primavera, en realidade non pertencen a familia das mimosas senón que son Alcacia albata. Pero para entendernos todos seguireille chamando Mimosa.
A flor da Mimosa é amarela, igual ca min. Estas flores son realmente preciosas. Por este motivo o día 8 de marzo, día internacional da Muller, en Italia e outros paises regálase esta flor ás mulleres.
O problema destas árbores é que non é unha árbore autóctona, é dicir, é unha especie invasora.
Esta "Mimosa", provén de terras australianas, mide entre 10-12 m de altura. É unha árbore perenne e de crecemento rápido. Reprodúcese por semillas, motivo polo que conseguiu extenderse por Galiza tan rapidamente.



domingo, 16 de marzo de 2014

Camuflados

Este día pasou por a miña beira un grupo de "camuflados".Chámolle así porque ían todos vestidos de verde. Que animados ían, notábase que se encontraban ben no medio de tanta naturaleza.
Un deles falaba moito, daba explicacións de todo. Cando chegaron xunta miña, sinalou a árbore que estaba ao meu carón e dísolle aos demais compoñentes do grupo: "esta árbore é un Pinus pinaster, e pertenece a familia das pinaceas. Quedeime coa boca aberta.
Non sería moito máis sinxelo decir pino, que eses nomes tan "raros". Pobres rapazes! Como teñan que aprender todos os nomes científicos das árbores van acabar tolos.
Bueno "camuflados" deséxovos boa sorte, pois vádela necesitar.
Espero volver vervos moi pronto.
Un saudo da vosa flor de toxo preferida.

domingo, 2 de marzo de 2014

Compañeiras

Se vas nesta época ao monte, daraste conta de cantas flores están a florecer. No meu hábitat hai moitas especias de plantas e árbores. Teño compañeiras amarelas, mesmo diría que ata nos parecemos.
A flor da xesta  é moi parecida a min, aínda que a planta non teña nada que ver co toxo. A xesta ten follas, pero son moi pequeniñas e perennes. Pode medrar ata chegar a formar un talo leñoso.
Aínda que non é autóctona, leva tanto tempo nos nosos montes que xa é como da familia. Ademais hai unha espécie autóctona de xesta, esta atópase nas Illas Atlánticas, e a diferenza das outras ésta é caducifolia


Flor da xesta
Flor do toxo

A que somos parecidas?

venres, 28 de febreiro de 2014

Benvida

Xa estou aquí!!! Por fin!!

Entre unhas cousas e outras non daba chegado. Que se non tiña ben a dirección; que se non podía entrar; que o portal estaba pechado... Pero bueno, xa cheguei!
Son a flor do toxo, tamén me podedes chamar chorima. Son unha flor fermosa, non é que o diga eu, senón que o din todos os galegos. Nunha enquisa que fixeron para saber cal era a flor más bonita das plantas auctóctonas de Galiza, estiben entre as mellores.
Como ia dicindo, son fermosa, a miña cor é amarela. Na rama do toxo vivimos moitas xuntas, bueno dixen rama por dicir. O toxo é unha planta herbácea que non ten ramas con follas, senón que o seu corpo está cheo de espiñas, así que: OLLO CO TOXO!!