Hoxe é cando se fan esas maravillosas alfombras florais. Na zona sur de Galicia son moi coñecidas as de Ponteareas e as de Redondela. Aínda que eu non necesitei ir tan lonxe, pois en Moaña fanse alfombras en todas as parroquias. Son pequeniñas pero feitas con moito amor.
En San Martiño custou máis de dúas semanas desmenuzar todo tipo de flores, para iso todas as tardes estaban alí estas mulleres e homes traballando en equipo para que o día de hoxe pudéxemos contemplar estas alfombras que van desde a porta da igrexa ata o Cristo.
Este ano empleouse moita hortensia, pois é a que máis abunda nesta época do ano.O que máis pena me da, é que isto só dure unhas poucas horas, pero eche o que hai, moita beleza para ser desfeita nunha procesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario