luns, 31 de marzo de 2014

Primavera

Esta primavera arrancou con forza, xa está todo cheo de flores. Na miña casa, o monte, ata as plantas máis pequenas enchéronse de flores en moi pouquiño tempo.
Pero vós tampouco vos quedades atrás. As vilas enteira parecen que botaron flores: as azaleas, as papoulas, os cartuchos, as margaridas...
A xente comenta que é unha fermosura ver as amendoeiras en flor, pero eu penso que aquí tamén temos moitas árbores fermosas. E coa primavera mostranlle ao resto do mundo a súa beleza.  Un claro exemplo poden ser os pexegueiros, con esas fermosas flores rosadas.

Para min a primavera é a época máis fermosa do ano. Non me entendades mal todas as estacións teñen o seu encanto, pero non sei, a primavera ten algo especial. Non sei se será a cor de tantas flores xuntas ou o resplandor do sol da mañá enriba dos verdes campos, pero todo parece ter unha luz especial. Incluso as persoas parecen máis alegres, por algo di o dito: " a primavera a sangue altera"

Por todo isto eu digo:
VIVA A PRIMAVERA!!!!!!!!
VIVA O AMOR!!!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario