Se vas nesta época ao monte, daraste conta de cantas flores están a florecer. No meu hábitat hai moitas especias de plantas e árbores. Teño compañeiras amarelas, mesmo diría que ata nos parecemos.A flor da xesta é moi parecida a min, aínda que a planta non teña nada que ver co toxo. A xesta ten follas, pero son moi pequeniñas e perennes. Pode medrar ata chegar a formar un talo leñoso.
Aínda que non é autóctona, leva tanto tempo nos nosos montes que xa é como da familia. Ademais hai unha espécie autóctona de xesta, esta atópase nas Illas Atlánticas, e a diferenza das outras ésta é caducifolia
![]() |
Flor da xesta |
Flor do toxo A que somos parecidas? |
Ningún comentario:
Publicar un comentario