A flor da Mimosa é amarela, igual ca min. Estas flores son realmente preciosas. Por este motivo o día 8 de marzo, día internacional da Muller, en Italia e outros paises regálase esta flor ás mulleres.
O problema destas árbores é que non é unha árbore autóctona, é dicir, é unha especie invasora.
Esta "Mimosa", provén de terras australianas, mide entre 10-12 m de altura. É unha árbore perenne e de crecemento rápido. Reprodúcese por semillas, motivo polo que conseguiu extenderse por Galiza tan rapidamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario