xoves, 1 de maio de 2014

Os maios

Hoxe ,día dos traballadores e tamén a festa dos maios. Esta celebración faise para despedir o inverno e darlle a benvida o bo tempo, as flores e a fructificación das árbores.
Antigamemte era un ritual que facian os campesiños aos deuses para que protexeran ás sementeiras e lles deran boas colleitas. Os maios son figuras que se fan con elemetos naturais: musgo, flores silvestres, ovos ou laranxas. Arredor delas cántase coplas e cancións irónicas.
Os maios son moi populares en zonas de Ourense e Pontevedra.



Aquí un exemplos de estas coplas:

Pasaron as choivas
xa¡ tempo era!
fartas de auga
estaban as terras

A morte do inverno
esta sentenciada
fuxiron as neves
morreu a xeada

Este mes de maio
e  o mes das flores
cantan os paxariños
ven os seus  amores


Ningún comentario:

Publicar un comentario