domingo, 16 de marzo de 2014

Camuflados

Este día pasou por a miña beira un grupo de "camuflados".Chámolle así porque ían todos vestidos de verde. Que animados ían, notábase que se encontraban ben no medio de tanta naturaleza.
Un deles falaba moito, daba explicacións de todo. Cando chegaron xunta miña, sinalou a árbore que estaba ao meu carón e dísolle aos demais compoñentes do grupo: "esta árbore é un Pinus pinaster, e pertenece a familia das pinaceas. Quedeime coa boca aberta.
Non sería moito máis sinxelo decir pino, que eses nomes tan "raros". Pobres rapazes! Como teñan que aprender todos os nomes científicos das árbores van acabar tolos.
Bueno "camuflados" deséxovos boa sorte, pois vádela necesitar.
Espero volver vervos moi pronto.
Un saudo da vosa flor de toxo preferida.

5 comentarios:

  1. Moi bo o blog!!!!!!!
    Espero con ansias saber novas anécdotas e aventuras que che pases nos nosos montes.
    :)

    ResponderEliminar
  2. que super chuliiiii!!!que pena que esto se termine. seguiré leyendo tu blog para llevarte siempre en mi corazón

    ResponderEliminar
  3. Canta razón! Tantos nomes raros e total para o mesmo significado de toda a vida.. :)

    ResponderEliminar
  4. Eu era unha deses "camuflados" :) e con moito orgullo. Sempre de verde e rodeada de xente de verde...unha deles ti :) alegrome moito de coñecerte e votareite de menos.
    Saudos,bicos e abrazos miña flor de toxo

    ResponderEliminar
  5. OHH!!! pero que ven escribe mi flor de toxo...voute votar de menos

    ResponderEliminar