luns, 31 de marzo de 2014

Primavera

Esta primavera arrancou con forza, xa está todo cheo de flores. Na miña casa, o monte, ata as plantas máis pequenas enchéronse de flores en moi pouquiño tempo.
Pero vós tampouco vos quedades atrás. As vilas enteira parecen que botaron flores: as azaleas, as papoulas, os cartuchos, as margaridas...
A xente comenta que é unha fermosura ver as amendoeiras en flor, pero eu penso que aquí tamén temos moitas árbores fermosas. E coa primavera mostranlle ao resto do mundo a súa beleza.  Un claro exemplo poden ser os pexegueiros, con esas fermosas flores rosadas.

Para min a primavera é a época máis fermosa do ano. Non me entendades mal todas as estacións teñen o seu encanto, pero non sei, a primavera ten algo especial. Non sei se será a cor de tantas flores xuntas ou o resplandor do sol da mañá enriba dos verdes campos, pero todo parece ter unha luz especial. Incluso as persoas parecen máis alegres, por algo di o dito: " a primavera a sangue altera"

domingo, 23 de marzo de 2014

Mimosa

Hoxe vouvos falar das Mimosas. Estas árbores que habitan a veiras dos camiños, e que enchen de cor a primavera, en realidade non pertencen a familia das mimosas senón que son Alcacia albata. Pero para entendernos todos seguireille chamando Mimosa.
A flor da Mimosa é amarela, igual ca min. Estas flores son realmente preciosas. Por este motivo o día 8 de marzo, día internacional da Muller, en Italia e outros paises regálase esta flor ás mulleres.
O problema destas árbores é que non é unha árbore autóctona, é dicir, é unha especie invasora.
Esta "Mimosa", provén de terras australianas, mide entre 10-12 m de altura. É unha árbore perenne e de crecemento rápido. Reprodúcese por semillas, motivo polo que conseguiu extenderse por Galiza tan rapidamente.



domingo, 16 de marzo de 2014

Camuflados

Este día pasou por a miña beira un grupo de "camuflados".Chámolle así porque ían todos vestidos de verde. Que animados ían, notábase que se encontraban ben no medio de tanta naturaleza.
Un deles falaba moito, daba explicacións de todo. Cando chegaron xunta miña, sinalou a árbore que estaba ao meu carón e dísolle aos demais compoñentes do grupo: "esta árbore é un Pinus pinaster, e pertenece a familia das pinaceas. Quedeime coa boca aberta.
Non sería moito máis sinxelo decir pino, que eses nomes tan "raros". Pobres rapazes! Como teñan que aprender todos os nomes científicos das árbores van acabar tolos.
Bueno "camuflados" deséxovos boa sorte, pois vádela necesitar.
Espero volver vervos moi pronto.
Un saudo da vosa flor de toxo preferida.

domingo, 2 de marzo de 2014

Compañeiras

Se vas nesta época ao monte, daraste conta de cantas flores están a florecer. No meu hábitat hai moitas especias de plantas e árbores. Teño compañeiras amarelas, mesmo diría que ata nos parecemos.
A flor da xesta  é moi parecida a min, aínda que a planta non teña nada que ver co toxo. A xesta ten follas, pero son moi pequeniñas e perennes. Pode medrar ata chegar a formar un talo leñoso.
Aínda que non é autóctona, leva tanto tempo nos nosos montes que xa é como da familia. Ademais hai unha espécie autóctona de xesta, esta atópase nas Illas Atlánticas, e a diferenza das outras ésta é caducifolia


Flor da xesta
Flor do toxo

A que somos parecidas?