Existen plantas de flor adecuadas para cada espazo e necesidades: de exposición directa ao sol, de semisombra, plantas de raíz, bulbosas e, por suposto, para cada época do ano. Selecionar a planta ideal, e saber combinalas con outras ata conseguir unha perfecta harmonía é unha verdadeira arte.
E agora vamos a ver alguhas flores da tempada estival:
Alegría da casa: E unha planta que florece case todo ano,as súas flores son de diversas cores. Esta planta atópase en moitas casas. En zonas frías, usase como planta de interior, pero na maioría dos sitios encontrase no exterior. E unha planta moi resistente a todo tipo de solos .No verán pode precisar dunha rega diaria sen mollar as follas e as flores, mais no inverno a frecuencia de rega debe diminuir pois unha rega excesiva e unha mala drenaxe provoca unha podredume na parte basal do tronco.
Deixovos unha foto desta fermosura para que a saibades identificar a próxima vez que vexades unha. E xa sabedes, animádevos a plantar!!!